Thursday 28 de March de 2024

O concello habilita un carril provisional nos Cantóns para garantir que se cumpran os protocolos de seguridade sanitaria


 

A contorna de Riazor tamén conta desde onte cunha ampliación do espazo peonil na rúa Manuel Murguía e na avenida da Habana, e a senda habilitada no Paseo Marítimo quedará implantada de forma permanente ata novo aviso

Ás doce da mañá de hoxe quedaba completamente habilitado o carril provisional dos Cantóns, que vai desde A Mariña ata a praza de Mina, co fin de garantir que se cumpran os protocolos de seguridade sanitaria para a práctica da actividade deportiva e os paseos da veciñanza.
Infraestruturas tamén deixou rematado onte o carril provisional de ampliación do espazo peonil da rúa Manuel Murguía e avenida da Habana. O obxectivo da habilitación desta senda na contorna do estadio de Riazor, explican desde esta área municipial, é evitar as aglomeracións.
Ademais, o carril provisional do Paseo Marítimo, que vai desde o Monte San Pedro ata o Dique de Abrigo e que nun primeiro momento só se habilitaría durante as fines de semana, quedará implantado de forma permanente ata novo aviso. Así mesmo, a Concellería de Urbanismo, Infraestruturas e Mobilidade está traballando na sinalización e na optimización deste carril.

Canto á senda peonil que unirá Catro Camiños e Matogrande, atópase en estudo por parte dos técnicos municipais e está previsto que se implante antes da fin de semana.